Translation Disclaimer para as ferramentas GNU

Por que é necesario o ‘Translation Disclaimer’?

Algúns autores e propietarios do Copyright dos programas piden que cumpras algunhas condicións para acepta-las túas traducións. Por exemplo, a Free Software Foundation (FSF) esixe que o Copyright da tradución sexa cedido a ela. O mesmo pasa con algunhas distribucións de Linux. No resto dos casos, o Copyright pode pertencer ao autor da tradución.

É preciso que cumpras esas condicións, porque, se non o fas, o autor orixinal non aceptará inclui-la traducción na distribución oficial do programa, e, polo tanto, moi pouca xente poderá utilizala.

Que teño que facer para enviar o meu disclaimer?

Para lle cede-lo Copyright da traducción á FSF tés que encher e asinar un impreso que en inglés se chama Translation Disclaimer. Nel pídenche datos coma o nome completo, enderezo, o pais no que vives e os equipos nos que pensas participar en principio. Cando estea enchido, asínao e mándao ao enderezo que pon no mesmo impreso.

Cando reciban o impreso, avisarante por correo electrónico, e a partires dese momento poderás traducir tódolos programas da FSF que queiras sen ter que mandar máis “Disclaimers”. Isto adoita levar entre un mes e mes e medio. Isto adoita se-lo que detén o proceso das traducións; ten paciencia, vai traducindo mentres non chega a confirmación, e cando estea, xa estarás preparado para envia-las traduccións que teñas feitas.

Sidebar