Engadir unha suxestión ao corrector Hunspell de galego
Estes son os pasos a seguir para engadir unha suxestión para unha palabra incorrecta ao corrector:
- Decide en qué módulo engadir a suxestión.
- Edita o ficheiro «.rep» correspondente (se non existe ningún no módulo elixido, crea un; por exemplo: «suxestións.rep»).
- Engade unha liña definindo a suxestión. O formato da liña depende da complexidade da suxestión:
- Para unha suxestión sinxela sen flexión da palabra incorrecta, escribe palabra incorrecta, co prefixo «^» e o sufixo «$», e a palabra correcta a continuación, separada da incorrecta cun espazo. Por exemplo:
^yo$ eu
(suxire «eu» para «yo»). - Para unha suxestión na que a palabra incorrecta pode ter plural, e o forma do mesmo xeito que a palabra correcta, omite o $. Por exemplo:
^pao pau
(suxire «pau» para «pao», e «paus» para «paos»). - Se a suxestión leva espazos (a palabra incorrecta non pode levalos), usa guións baixos no seu lugar. Por exemplo:
^vinteún$ vinte_e_un
(suxire «vinte e un» para «vinteún»).
- Para unha suxestión sinxela sen flexión da palabra incorrecta, escribe palabra incorrecta, co prefixo «^» e o sufixo «$», e a palabra correcta a continuación, separada da incorrecta cun espazo. Por exemplo:
Véxase tamén
- Ficheiros de suxestións