Uso de Pology en GNOME

Instalación

Para instalar pology debes descargar o código desde o repositorio subversion. Isto é por mor de obter a última versión das regras para o galego.

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/pology

Uso

Pology ten ferramentas bastante interesantes, se ben aquí centrarémonos en posieve.

Posieve

Posieve é unha ferramenta que nos permite mediante unhas regras predefinidas filtrar un ficheiro po e obter información do mesmo.

Entre os usos principais están:

  • Estatísticas do pofile
  • Estatísticas do pofile mediante filtrado
  • Revisión terminolóxica dun pofile (segundo regras)
  • Revisión estilística dun pofile (segundo regras)
  • e moitas máis

Exemplos

  • revisión con aceleradores e sen regras inversas e comprobación con msgfmt –check
posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl -s"rulerx:^PT*" -saccel:_ -snorulerx:dual core/nautilus/po/gl.po
  • verificación ortográfica con aceleradores
posieve -b check-spell-ec -sprovider:myspell -slang:gl -saccel:_ core/nautilus/po/gl.po

Uso en GNOME

O uso en GNOME é bastante automatizado tentando que o revisor non perda tempo. A continuación explicarei o sistema empregado para revisar o core de GNOME. A vantaxe que ten GNOME é que podemos descargar un tarball cos últimos pofiles de todo o proxecto. Que podemos descargar desde [1], cambiando o 3-0 pola versión que desexe.

para traballar crearemos un cartafol chamado GNOME e dentro del crearemos dous cartafoles chamados po e errors. Logo de ter os ficheiros e os cartafoles preparados extraeremos os ficheiros to tarball no cartafol po. Este será o noso cartafol de traballo.

Para xerar ficheiros de erros nas traducións para todos os pofiles executamos:

for i in `ls -1`; do ../pology/bin/posieve -b --msgfmt-check --no-skip check-rules -slang:gl  -saccel:_ -snorulerx:dual $i  > ../errors/$i.errors; done

Isto creará un ficheiro de texto que contén os erros correspondentes ao mesmo ficheiro po correspondente co nome.

Para revisar cada ficheiro debemos cargar o ficheiro de texto de erros no gedit, activando o resaltado de sintaxe en traducións Gettext, e o ficheiro po no gtranslator. Agora teremos que revisar cada erro do ficheiro de erros e ir aplicando os cambios no gtranslator segundo corresponda.

Cando tenha rematada a revisión do ficheiro simplemente pase ao seguinte ficheiro até rematar con todos.

Verificacions feitas

Aquí pode ver unha lista das verificacións realizadas en GNOME con posieve e as regras feitas polo Proxecto Trasno (Marce Villarino):

Sidebar