Propostas en estudo para o próximo ano (2011)

UVIGO: Proposta de curso

Nota Repetición do curso do 2010 na UDC

Descrición:

Introdución aos procesos de localización e tradución do software.
A linguaxe (terminoloxía) informática en galego.
Esquemas de traballo nos proxectos de localización.
Introducción ao emprego de ferramentas libres e estándar de tradución asistida por ordenador.

Dirixido a:

Público en xeral.

Requisitos:

Licenciadas/os en Tradución e Interpretación.
Estudantes de 2º ciclo da Licenciatura de Tradución e Interpretación.
Estudantes ou Licenciados/as en Filoxía inglesa ou galega
Estudantes ou Licenciados/as en Enxeñería e Enxeñería Técnica Informática
Estudantes ou licenciados noutras carreiras das ciencias naturais e exactas.
Tradutores/as de software.
Desenvolvedores e implantadores de software. Requisitos:

Lugar de realización:

Vigo:

Solicitar: Aula de informática da FFT (campus Marcosende)

Máximo nº de prazas:

40

Créditos:

Solicitar: 2

Créditos ECTS:

Solicitar: 1

Horas

30 – 34

Taxas:

Estudantes, membros da comunidade universitaria, membros e colaboradores do Proxecto Trasno, membros de GUL galegos. 0€
Outros 50€

Nota: os membros de GUL galegos acreditaran a súa condición mediante certificación do secretario de GUL correspondente.

Centro/dpto. organizador:

UVigo:

GETLT (Grupo de Estudos das Tecnoloxías Libres da Tradución) http://webs.uvigo.es/getlt/

Director/a:

Miguel Anxo Bouzada

Vicepresidente da AC Proxecto Trasno

Secretario/a:

Adrian Chaves

Programa

Dia (1) 00/10/10 10:30- 11:30

Benvida ao ciclo. Miguel Anxo Bouzada Vicepresidente de Asoc. Proxecto Trasno
Os conceptos de internacionalización (i18n) ou globalización (g11n), localización (l10n) e tradución.

Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.

11:30-13:30

Conceptos de memorias de tradución e intercambio de terminoloxía e formatos estándares de localización: TMX, TBX e XLIFF

Relator: Leandro Regueiro

Dia (2) 00/10/10 10:30-13:30

Os formatos de tradución, gettext (po), qtlinguist (ts), xml. Memorias de traducións. XLIFF.

Relator: José Manuel Chaves Castroagudín.
Pootle, Transifex e sistemas de xestión web de proxectos de traducións.

Relator: Indalecio Freiría Santos. Membro de Ubuntu ao galego.

Dia (3) 00/10/10 10:30-13:30 (Grupo 1) 16:30-19:30 (Grupo 2)

Traducindo coa ferramenta libre GTranslator (OU ALTERNATIVA).

Relator: (POR DETERMINAR)

Dia (4) 00/10/10 10:30-13:30 (Grupo 1) 16:30-19:30 (Grupo 2)

Traducindo coa ferramenta libre Lokalize.

Relator: Marce Villarino. Cordenador do equipo de tradución de KDE ao galego, tradutor do Proxecto Trasno.

Dia (5) 00/10/10 10:30-13:30

Discusión terminolóxica, O Glósima e o TiBoXe de Proxecto Trasno, como medio para acadar respostas ás dúbidas terminolóxicas.

Relator: Antón Méixome. Filólogo, técnico de N.L., …, deseñador da ferramenta Glósima, tradutor do Proxecto Trasno.

Dia (6) 00/10/10 10:30-13:30

Problemática lingüistica do galego en contornos informáticos.
O reto dos novos termos.

Relator: Antón Méixome. Filólogo, técnico de N.L., …, deseñador da ferramenta Glósima, tradutor do Proxecto Trasno.

Día (7) 00/10/10 10:30-13:30

Esquemas de traballo na localización de software.

Relator: Fran Dieguez. Coordenador do equipo de tradución GNOME ao galego, …, tradutor do Proxecto Trasno.
Relator: Enrique Estevez. Coordenador do equipo de tradución do Proxecto Mozilla (Firefox, Thunderbird, Fennec, Seamonkey, etc…) ao galego, …, tradutor do Proxecto Trasno.

Dia (8) 00/10/10 10:30 -13:30

Bases de datos lingüísticos: deseño creación e xestión.
A corrección ortográfica con hunspell_gl

Relator: (POR DETERMINAR: Inicialmente ía ser Miguel Solla)

Dia (9) 00/10/10 10:30-12:00

Traducindo código:
A problematica do ordenamento de variábeis.
Erros de tradución de variábeis e etiquetas de marcado.
Erros na tradución de descriptores e marcadores.

Relator: Miguel Anxo Bouzada. Programador, desenvolvedor e tradutor do Proxecto Trasno.

12:00-13:30

Perpectivas e novos retos na localización e na tradución. Os contornos e aplicativos de/con voz (aplicativos infantís -JuxLaLa, dispositivo iFreePad – Univ. de Cordoba).

Relator: Miguel Branco. Coordenador de KDE ao galego e traductor do Proxecto Trasno
Contaxe de horas
1º día 3,0 6º día 3,0
2º día 3.0 7º día 3,0
3º día 6,0 8º día 3,0
4º día 6,0 9º día 3.0
5º día 3,0
Total 33,0
Sidebar