Outros aplicativos

Nesta páxina recóllense traducións a galego daqueles aplicativos que non pertencen a ningún dos proxectos de tradución, normalmente por ser aplicativos individuais non relacionados con outros.

Non hai un coordinador explícito desta sección. Se queres engadir algun aplicativo novo ou modificar os datos dun existente, edita a wiki ou manda unha mensaxe á lista de correo para avisalo. No sitio web antigo de Trasno podes atopar unha lista con aplicativos que podes traducir.

Sidebar