Kazehakase

  • Descripción: Kazehakase é un navegador web moi lixeiro, aínda en fase de desnvolvemento que emprega os motores Gecko e WebKit (nás últimas versións > 0.5.7)
  • Páxina web: Kazehakase
  • Traducido por: Miguel Anxo Bouzada
  • Última versión traducida: 0.5.8
  • Descarga da tradución : gruvi.galpon.org

O desenvolvemento de Kazehakase é moi lento e despois de moitos intentos, os desenvolvedores non integran as traducións que lles foron enviadas, polo que se estás interesado en empregar Kazehakase en galego, e non sabes como facelo, podes seguir estas instrucións:

  • Visita este repositorio
  • Escolle, de entre as versións dispoñíbeis, a máis parecida á que use a túa distribución
  • Localiza o ficheiro “.mo” (pode aparecer como kazehakase.mo, ou 5.6-gl.mo -5.6 a día de hoxe é o empregado po las versións 0.5.6 até a 0.5.8)
  • Gárdao, co nome kazehakase.mo, na ruta adecuada no teu sistema. Esta ruta debería ser /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/kazehakase.mo , sempre que non esteamos a empregar o Kazehakase compilado por nós mesmos.

Para poder gardalo nesa ruta, terás que ter permisos de administración. Descárgao no teu cartafol persoal, e logo móveo aló empregando “sudo”, ou co usuario “root”:

 cd <cartafol onde gardases o ficheiro>
 sudo cp <ficheiro> /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/kazehakase.mo

Outras rutas nas que pode ser preciso gardar este ficheiro poderían ser:

/usr/share/locale/gl_ES/LC_MESSAGES/kazehakase.mo (no -raro- caso de que a nosa distro empregue o código de idioma gl_ES para o galego)
/usr/local/share/locale/gl/LC_MESSAGES/kazehakase.mo (se compilamos á man Kazehakase, este normalmente instalarase dentro de /usr/local)
Sidebar