GNOME

Páxina do proxecto de tradución de GNOME ao galego

Esta é a páxina do grupo de tradución do ambiente de escritorio GNOME a galego.

Que é GNOME?

GNOME é un contorno de escritorio para plataformas Unix|Linux, empregando como base as librerías GTK+ o que permite ter un entorno amigábel e sinxelo para o usuario. Xunto con KDE forman os dous contornos de escritorio máis importantes do mundo do software libre. Os dous traballan concienciudamente para mellorar as prestacións para os usuarios e para os desenvolvedores de aplicacións, cada 6 meses GNOME lanza unha nova versión do seu escritorio con melloras e corrección de erros. GNOME ten uns aplicativos importantes dentro do seu proxecto pero que non forman parte do seu sistema base como pode ser o GIMP, programa de manipulación de imaxes, Anjuta, IDE de programación….

Como o resto de programas do proxecto GNU, o GNOME é un programa libre: calquera pode copialo e modificalo. O GNOME está incluído en practivamente todas as distribucións de GNU/Linux, incluído Fedora e Ubuntu, onde son o escritorio oficial, pero tamén funciona moi ben noutros sistemas.

O desenvolvemento de GNOME non està controlado por unha empresa, senón que é posíbel grazas aos esforzos de centenares de persoas e entidades de todo o mundo (a maioría voluntarios), coordinados pola GNOME Foundation.

Pantalla principal do escritorio de GNOME 3.0

Detalle do chat integrado no escritorio no GNOME 3.0

Quen coordina o grupo galego?

O coordinador actual do grupo de tradución a galego é Fran Diéguez , membro da GNOME Foundation e Membro oficial de Ubuntu. Podes contactar con el no seu enderezo de correo electrónico.

Como podo axudar?

Se queres colaborar na tradución dalgún paquete é ben sinxelo e todos os membros do Grupo de tradución de GNOME ao Galego axudaranche de boa gana. Para iso que contactar co coordinador para que faga te inclúa no grupo logo de que avalie algún traballo de tradución de software teu. Non esquezas mirar os recursos para os tradutores de Trasno.

Tamén é importante a axuda dos que comunican os erros de tradución. Se atopas un, escribe ao coordinador, á rolda, ou mesmo no bugzilla de GNOME

Páxinas relacionadas coa tradución do GNOME

Xeración de Produtos finais
  • GNOME/Memorias de Tradución/Xeración

Memorias de tradución

Na seguinte páxina podedes atopar as memorias de tradución de Gnome.

GNOME/Memorias de Tradución/Xeración

Estado actual das tradución

Desde xa antes da versión 2.14 cumprimos sempre coa tradución ao 100% e iso que pasamos por varios coordinadores, diferentes posibilidade de adicación e diferentes recursos para adicarlle á tradución de GNOME.

Podes consultar a páxina de estatísticas para GNOME en: http://progress.gnome.org/languages/gl/

Estatísticas do escritorio GNOME

Estatísticas para o galego (tanto a interface gráfica como a documentación)

Historia do grupo de tradución

  • Setembro de 1999: O equipo de traducion galego fíxose oficial no GNOME Translation Project, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
  • Abril de 2001: Apareceu a versión 1.4 de GNOME, a primeira con soporte parcial de galego.
  • Xuño de 2005: Nacho tomou a tarefa de coordinación, tras varios meses como principal contribuidor de traducións.
  • Setembro de 2005: Aparece GNOME 2.12, a primeira versión completamente soportada en galego.
  • Marzo de 2006: Sae GNOME 2.14, versión totalmente actualizada e corrixida.
  • Outubro de 2006: Traducida a versión de GNOME 2.16.
  • Marzo de 2007: Gnome 2.18; Coma sempre Gnome segue estando traducido ao galego.
  • [ … ]
  • Febreiro de 2010: Fran Diéguez toma o relevo da coordinación do GNOME logo de ter colaborado no proxecto por algo máis de 2 anos.
  • Abril de 2010: Lánzase o GNOME 2.30 grazas ao traballo da comunidade e da Oficina de Software libre da USC. Ademáis fíxose un informe sobre a revisión desta versión
  • Outubro de 2010: como ven sendo o normal o GNOME publicou a súa versión 2.32, última na serie 2, coa súa tradución ao Galego ao 100% e con numerosas correcións nas traducións xa feitas.
Sidebar