GNOME/Como traducir

Introdución

Esta páxina aos poucos irá contendo información máis estensa sobre como é o proceso técnico de tradución do GNOME a calqueara idioma. Os exemplos aquí expostos son froito da experiencia de tradución do GNOME 2.26, GNOME 2.28, GNOME 2.30 e GNOME 3.0, e de tarefas de remisión, revisión e coordenación en GNOME 2.30 e GNOME 3.0 por parte de Fran Diéguez (actual coordenador do proxecto)[1]

Tradución do GNOME

A tradución do GNOME é relativamente sinxela en comparación con outros proxectos. A principal base de localización en GNOME é a tecnoloxía gettext http://www.gnu.org/software/gettext/ e por outra parte Mallard http://projectmallard.org/. Duas tecnoloxías que seguen o principio UNIX á máxima, “librarías, neste caso, que só realizan unha tarefa”.

Roles na tradución de GNOME

Guía estilística

Porqué GNOME segue os consensos do Proxecto Trasno

Tradución de interface de usuario

Tradución

Revisión

gril

Verificación

Compre facer comprobacións con pofilter e msgfmt para verificar que o formato é o correcto

msgfmt -cv gl.po
pofilter gl.po --nofuzzy --gnome --excludefilter=untranslated --excludefilter=unchanged
rm messages.po

Verificación

Compilación

Remisión

git e gotchas

Tradución de documentación

A partires de GNOME 3.0 a documentación só debe ter o formato Mallard, migrando desde DocBook. O formato Docbook está baseado na tecnoloxía XML e en GNOME existe un pequeno cambio. En Mallard os ficheiros teñen extensión xml porén en GNOME o cambio foi a .page para que o programa que pode ler estes ficheiros (yelp) o recoñeza.

Inicialización

Crear o ficheiro pot a partires dos ficheiros .page de orixe

A variábel FICHEIROS_PAGE pódese sacar do Makefile.am coa variábel DOC_PAGES

export FICHEIROS_PAGE=""
xml2po -o proxecto.pot -m mallard -e $FICHEIROS_PAGE

Agorainicializar a tradución

msginit -i proxecto.pot -o gl.po

Ten en conta que esta é a forma manual de xerar o ficheiro .po máis en Vertimus (Damned Lies) hai ficheiros xerados para todos os idiomas.

Tradución

Usamos o gtranslator para traducir como facemos normalmente.

Revisión

Informe ao coordenador do grupo para que asigne un revisor para dito ficheiro. Use as últimas regras da RAG Póde usar tamén o gril para detectar erros típicos no GNOME traducido ao galego.

Verificación

Compre facer comprobacións con pofilter e msgfmt para verificar que o formato é o correcto

msgfmt -cv gl.po
pofilter gl.po --nofuzzy --gnome --excludefilter=untranslated --excludefilter=unchanged
rm messages.po

Compilación

  1. Crear os documentos finais
for i in `ls -1 ../C/*.page`; do          
   echo "xml2po -m mallard -e -p gl.po -o "$(basename $i)" "$i
done|sh

Compre cambiarlle o nome a cada ficheiro page co seguinte formato nome.page a nome.CODIGO_IDIOMA.page onde CODIGO_IDIOMA identifica o idioma co estándar ISO 639-2

Remisión da documentación

git e gotchas

Sidebar