Como participar no Proxecto Trasno

Que é o Proxecto Trasno

Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego. Isto é,

  • é un proxecto de colaboración por medio de internet para traducir aplicativos informáticos ao galego
  • é un proxecto que se adica só ao software libre
  • é un proxecto formado por voluntarios, que contribúen o seu tempo e esforzo gratuitamente
  • un punto de encontro para todos os que queremos que haxa tecnoloxía en galego

Dende o ano 2009 o Proxecto Trasno está amparado pola Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno

Que se necesita?

Para pode colaborar necesítase:

  • que saiba inglés, pois o software en orixe prográmase nesta lingua
  • que saiba galego, pois traducimos ao galego
  • que se teña uns coñecementos medios de informática

mais inda que é certo que é necesaria esta serie de coñecementos previos, precísase especialmente xente que teña ganas de aprender porque:

  • pódese aprender ou mellorar o inglés traducindo
  • pódese mellorar o coñecemento de galego traducindo
  • e porque os detalles técnicos pódense ir adquirindo aos poucos, aínda que ao principio resulte complicado

De feito a comunidade de tradutores ao galego non só estivo e está composta por xente procedente da informática senón tamén doutros ámbitos e profesións diversas.

Axúdanos!

A cantidade de software que se pode traducir é inmensa así que precísase axuda. Se queres botar unha man:

  1. Rexístrate na lista de correo
  2. Escribe un correo a lista e preséntate: podes contarnos algo sobre ti e que aplicativos che gustarían traducir
  3. Bótalle un ollo á Guía de estilo da tradución e aos Termos frecuentes
  4. Bótalle un ollo á Introdución á tradución de software
  5. Afaite cun programa para traducir
  6. Segue as instrucións que o coordinador do grupo ao que te unes che indique ou as instrucións que a páxina oficial do proxecto que vas traducir che indiquen
Sidebar